A próxima cita da SPI será en Pontevedra

A Semana do Patrimonio Invisible viaxa á capital do sur de Galicia para celebrar a edición Pontevedra 2020. Unha oportunidade única para descubrir o patrimonio oculto da man de guías especializadxs e en grupos moi reducidos. Do 17 ao 19 de xullo de 2020

Santiago confirma a edición de 2020

Tralo éxito de público de edicións anteriores, a Semana do Patrimonio Invisible de Santiago de Compostela celebrarase en setembro de 2020. Un proxecto que arrancou na cidade no 2018 e que xa vai pola súa terceira edición.

Compostela 2019 esgota as súas prazas en poucas horas

Esgotadas as prazas ás poucas horas de abrir o prazo de reserva para as visitas guiadas da Semana do Patrimonio Invisible Compostela 2019.