É unha das torres máis recoñecibles da catedral, pola súa feitura en pirámide. Simboloxía pagá que coroa a fachada renacentista deseñada por Gil de Hontañón. O nome do tesouro lémbranos o lugar onde se gardaban os obxectos de máis valor do templo.
HOSPITAL PSIQUIÁTRICO DE CONXO
No mosteiro de orixe medieval de Conxo fúndase o primeiro Hospital Psiquiátrico de Galicia. Co paso dos anos crearanse novos edificios, con elementos tan sorprendentes como a súa escaleira de mármore.
TEATRO PRINCIPAL
Aínda que non hai unha persoa de Santiago que non asistira a un espectáculo no Teatro Principal, son menos as que puideron acceder aos seus espazos agochados e descubrir a súa curiosa historia desde a súa inauguración en 1841.
FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA
Este templo do saber, construído entre os séculos XVIII e XIX, agocha sorprendentes espazos como o paraninfo ou a sala de lectura e unhas magníficas vistas sobre a cidade histórica.
MANANCIAIS DE COMPOSTELA
Baixamos ás profundidades da terra para adentrarnos nos antigos mananciais de auga das fontes históricas da cidade medieval da Fonte Branca e Ponte Mantible. Unha experiencia inesquecible.
CEMITERIO E CAPELA DO ROSARIO
No interior de San Domingos de Bonaval visitaremos e coñeceremos a capela e o cemiterio desta institución, fundada hai máis de 500 anos e peza fundamental da Semana Santa compostelá.
OBSERVATORIO ASTRONÓMICO DA USC
Fundado por Ramón María Aller, cando se traslada desde Lalín a Santiago, o Observatorio Astronómico é un dos edificios máis singulares do Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela.
ORDE TERCEIRA
Descubrimos o conxunto da Orde Terceira visitando a súa igrexa, deseñada por Domingo de Andrade en 1681, a súa sancristía e mailo cemiterio.
CSC DA TRISCA
Nun terreo moi estreito, érguese este emblema da arquitectura contemporánea na cidade, obra do neoiorquino John Hejduk, xunto a un equipo formado por Antonio Sanmartín, Elena Cánovas e Leonardo Rietti.
COLEXIO MAIOR DA ESTILA
O Colexio Maior da Estila foi inaugurado en 1948 como residencia masculina. Deseñada polo arquitecto Miguel Fisac, acolleu ao longo da súa historia a máis de 4.000 estudantes, entre eles persoeiros como Herrera Campíns, ex-presidente de Venezuela.
VISITA SECRETA
Nesta visita o público inscríbese sen saber onde nos vai levar a guía. Nesta segunda ocasión, adentrámonos nos xardíns invisibles de Santiago de Compostela. Entramos no xardín do Pazo arcebispal, onde nos deu a benvida o propio arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto. A visita rematou coa actuación inesperada de Faia Díaz.