Patrimonio Invisible
  • Que é?
  • Reserva a túa praza
  • Histórico
    • Ferrol 2021
    • Compostela 2021
    • Pontevedra 2021
    • Compostela 2020
    • Pontevedra 2020
    • Compostela 2019
    • Compostela 2018
  • Descargas
  • Prensa
  • Entidades
  • Contacto
  • Home
  • /
  • Entidades

Entidades

 


 Promotores

 

 

COLABORADORES

 

Archives

  • Maio 2020
  • Novembro 2019
  • Setembro 2019

Meta

  • Rexistrarse
  • Iniciar sesión

INSTAGRAM

O equipo da Semana do Patrimonio Invisible queremo O equipo da Semana do Patrimonio Invisible queremos desexarvos unhas felices festas e un marabilloso Ano Novo 🎊🥳🤩🎉 ‼‼ Este 2021 foi para nós moi especial porque puidemos sumar á SPI_Compostela e á SPI_Pontevedra unha nova cidade, Ferrol. A todxs xs que participáchedes nalgunha visita e a todxs aquelxs que estivéchedes a piques de conseguilo, estamos desexando vervos no 2022 🤗‼‼

#SPI_Compostela 🗝#SPI_Pontevedra 🗝#SPI_Ferrol🗝
Despedimos a I Semana do Patrimonio Invisible 👋 Despedimos a I Semana do Patrimonio Invisible 👋 Grazas a todxs xs que descubríchedes con nós o Ferrol menos coñecido‼️

#SPI_Ferrol🗝️
Concello de Ferrol
@concellodeferrol
3️⃣ E chegamos á terceira xornada da SPI_Ferr 3️⃣ E chegamos á terceira xornada da SPI_Ferrol. Aquí queda o breve resumo en imaxes 📸, mañá despedímonos desde a Esengra, o Casino e as Fábricas de Ferrol Vello‼‼

#SPI_Ferrol 🗝
Concello de Ferrol
@concellodeferrol
2️⃣ Na segunda xornada da SPI en Ferrol visita 2️⃣ Na segunda xornada da SPI en Ferrol visitamos por vez primeira o Pazo do Monte 🎊 e recuncamos no Casino, no Arquivo, en Serantes, no Concello e no Jofre. Velaquí o noso resumo en imaxes 📸

#SPI_Ferrol 🗝
Concello de Ferrol
@concellodeferrol
🗣E por fin botou a andar a I Semana do Patrimon 🗣E por fin botou a andar a I Semana do Patrimonio Invisible de Ferrol‼ E foi por todo o alto, coa apertura ao público de 5 espazos: Capela e Cemiterio de Serantes, Arquivo Intermedio Militar, Teatro Jofre, Casino Ferrolano e Casa do Concello. Queda aquí a reportaxe gráfica 📸da xornada, gozádea que mañá hai máis‼🎊🎊

#SPI_Ferrol 🗝
Concello de Ferrol
@concellodeferrol
🥳🥳 Grazas pola boa acollida que lle brindác 🥳🥳 Grazas pola boa acollida que lle brindáchedes á I edición da Semana do Patrimonio Invisible de Ferrol‼ As entradas esgotáronse en 30 minutos‼ A quen conseguiu a súa reserva verémolo do 15 ao 18 de decembro‼ 🎊🎊

#SPI_Ferrol 🗝
@concellodeferrol 
Concello de Ferrol
Queres descubrir edificios emblemáticos de Ferrol Queres descubrir edificios emblemáticos de Ferrol❓Esta tarde tes a oportunidade de reservar praza para visitar: o Pazo do Monte, o Casino Ferrolano, as Fábricas de Ferrol Vello, a Igrexa e o Cemiterio de Serantes, o Pazo Municipal, o Arquivo Militar Intermedio do Noroeste, o Teatro Jofre ou a Estación Naval da Graña. 
🕔Faino a partir das 17h00 
👉www.patrimonioinvisible.gal
#SPI_Ferrol 🗝
Concello de Ferrol
@concellodeferrol
Sabias que nos terreos da Estación Naval da Grañ Sabias que nos terreos da Estación Naval da Graña atópanse dous edificios fundamentais dentro dos sistema defensivo da cidade de Ferrol❓ Trátase do Cuartel e da Polvoreira do Vispón. A Graña parte do Plan Miranda (1915) co que se crearon unha serie de bases navais para a formación dos mariños da Armada ⚓️. Os terreos de A Graña,  que a finais do XVIII acolleron o xermolo do Arsenal Militar, foron o lugar elexido para construír esta academia naval. 

Descubre A Graña o sábado 18 ás 11h, ás13h e ás 17h.

#SPI_Ferrol 🗝ℹ Reserva a túa visita a partir do luns 13 ás 17h00 
👉www.patrimonioinvisible.gal

#SPI_Ferrol 🗝
@concellodeferrol
O proxecto do Teatro Jofre sufriu múltiples cambi O proxecto do Teatro Jofre sufriu múltiples cambios ata a súa conclusión debido á falta de fondos, moitos deles provintes de cidadáns emigrados ás Américas. O proxecto inicial de Faustino Domínguez contemplaba unha fachada porticada que finalmente non foi incluida na obra final, ata que en 1920 se lle encargase ao arquitecto Rodolfo Ucha a magnífica fachada que hoxe podemos contemplar. A espectacularidade do edificio, os seus decorados e a súa maquinaria, que permitía obter unha sonoridade perfecta, fixeron do teatro un dos máis avanzados da súa época.

Descúbreo o mércores15 ás 13h ou o xoves 16 ás 19h.

ℹ Reserva a túa visita a partir do luns 13 ás 17h00 
👉www.patrimonioinvisible.gal

#SPI_Ferrol 🗝
@concelodeferrol
O Baluarte do Infante era un dos puntos de defensa O Baluarte do Infante era un dos puntos de defensa cos que contaba o  recinto amurallado e defensivo construído en Ferrol a finais do XVIII. Dende ese momento converteuse nun testemuño vivo da historia da cidade, sabendo adaptarse ao discorrer do tempo ⏳, xa que trala súa función defensiva, a finais do XIX,  pasou a ser cuartel de artillería e dende 1995, o Baluarte é a sede do Arquivo Intermedio Militar do Noroeste. Nas súas 12 estancias e en máis de 9.000 metros lineais de andeis 📚📚📚custódiase toda a documentación pertencente ao Exercito de Terra da zona Noroeste. 
 
Descúbreo os días 15 ou 16 ás 12h.
ℹ️ Reserva a túa praza o 13 de decembro ás 17h.
👉 www.patrimonioinvisible.gal

#SPI_Ferrol 🗝
@concellodeferrol
🏣Construído en 1953, é un claro exemplo da ar 🏣Construído en 1953, é un claro exemplo da arquitectura da autarquía, grandiosa e que pretende evocar un pasado glorioso imitando a arquitectura Herreriana (El Escorial). Edificio  cuestionado nas orixes, non tanto por si mesmo, senón pola situación escolida: a Praza de Armas‼️, pois o seu gran tamaño rompía o perfecto equilibrio racionalista do Barrio de Magdalena . 
#SPI_Ferrol 🗝
@concellodeferrol
Sabías que no ✝️ cemiterio de Serantes está Sabías que no ✝️ cemiterio de Serantes está a ⛪️ capela máis antiga do concello de Ferrol? Ademais de acoller os enterramentos de persoeiros ilustres como Torrente Ballester ou Ángela Ruiz Robles, nel tivo lugar o único exorcismo oficial do que se ten noticia na comarca. Unha chea de sorpresas e historias interesantes neste camposanto do antigo concello de Serantes.
#SPI_Ferrol 🗝
@concellodeferrol
🏭Un paseo para lembrar o pasado glorioso e rece 🏭Un paseo para lembrar o pasado glorioso e recente de Ferrol, a través das súas fábricas... Como a Hispánica ✍️✍️, a icónica fábrica de lápises, fundada en 1934, que chegou a levar o seu produto a media España e a moitos países do mundo 🌍. Ou a mítica Jabones Beceiro 🧽🧽, cuxo propietario retornou de Cuba coa idea de abrir unha fábrica de xabóns semellante a aquela na que traballara na Habana 🌎. E tamén a PYSBE, que chegou a pescar 20.000 toneladas de bacallau ao ano.
#SPI_Ferrol 🗝
@concellodeferrol
En Ferrol sempre fomos moi festeiros e proba disto En Ferrol sempre fomos moi festeiros e proba disto é que na segunda metade do XIX xa tiñamos 5 sociedades recreativas funcionando. 
Destas, a única que se mantivo é o Casino Ferrolano 🎲🎲, que comezou a súa andaina en 1850 co nome da "Tertulia de Confianza" e onde só podían ser socios os homes maiores de 27 anos 👨‍🦰

Hoxe en día, neste edificio do excepcional Rodolfo Ucha segue a súa historia este Casino, parte fundamental da vida social de #Ferrol.

📝 Reserva a túa visita a partir do luns 13 ás 17h00 ℹ️ www.patrimonioinvisible.gal 

#SPI_Ferrol 🗝
@concellodeferrol
📣 Inscríbete na Semana do Patrimonio Invisible 📣 Inscríbete na Semana do Patrimonio Invisible de Ferrol‼️ O luns 13 de decembro ás 17 horas 🕔 en patrimonioinvisible.gal‼️
#SPI_Ferrol 🗝️
@concellodeferrol
Sabías que o home máis rico de Galicia no XVIII Sabías que o home máis rico de Galicia no XVIII era o nobre ferrolán D. José María Bermúdez de Mandiá y Pardiñas Vilardefrancos❓❓ 

Señor dos coutos de Xuvia, Santa Icía de Trasancos e Caranza, tiña terras por toda a comarca. E os seus bens medraron grazas ás expropiacións da Coroa 👑 para instalar nas súas terras parte das edificacións navais 🚢 e o barrio da Magdalena e Esteiro. 

Parte dese diñeiro o nobre investiunos en construír o Pazo do Monte 🏰, unha xoia agochada nunha carballeira 🌳 de máis de 200 anos‼️

📝 Reserva a túa visita a partir do luns 13 ás 17h00 ℹ️ www.patrimonioinvisible.gal 

#SPI_Ferrol 🗝

@concellodeferrol 
@pazodomonte.ferrol
Estuda o programa da Semana do Patrimonio Invisibl Estuda o programa da Semana do Patrimonio Invisible de Ferrol 🧐 e decide para que visitas queres solicitar praza 🤔. 
📝 A inscrición é o 13 de decembro ás 17 horas en www.patrimonioinvisible.gal!! 🕔

#SPI_Ferrol🗝
Presentamos a Semana do Patrimonio Invisible de Fe Presentamos a Semana do Patrimonio Invisible de Ferrol‼️
Esta mañá no Pazo Municipal, a concelleira de Patrimonio Eva Martínez e o director de @trivium_gal César Abella desvelaron os 8 espazos que se poderán visitar do 15 ao 18 de decembro. 🎊

📝 Comeza a conta atrás para a reserva de prazas, o día 13 ás 17 horas‼️
ℹ️ Link na bio! 

#SPI_Ferrol 🗝️
@concellodeferrol
⏳ Xa queda menos para que bote a andar a I Seman ⏳ Xa queda menos para que bote a andar a I Semana do Patrimonio Invisible de Ferrol‼️‼️ A presentación oficial do evento vai ter lugar o xoves 9️⃣ de decembro no Concello de Ferrol, e entón desvelaremos 📣 os 8 lugares que visitaremos. 🎊🎊🎊

Estade atentxs ás nosas redes e á web www.patrimonioinvisible.gal‼️‼️

#SPI_Ferrol 🗝
Sabías que as alamedas de Ferrol foron concibidas Sabías que as alamedas de Ferrol foron concibidas como glacis defensivo do Arsenal Militar? 🌳🌲🌳

Deseñadas nos séculos XVIII e XIX seguindo as ideas ilustradas, isto é, establecendo unha distribución xeométrica do seu arborado, en orixe as especies que as poboaban eran plátanos, álamos e árbores de ultramar como magnolios ou araucarias.

Estes parques e xardíns pensáronse tamén para facilitar a unión do arsenal cos barrios da cidade, sendo unha cidade pioneira en crear grandes zonas verdes para goce da cidadanía. 🚶🚶🚶‍♂️👩‍🦯🚴‍♀️🚴

 #SPI_Ferrol 🗝
Cargar más... Síguenos en Instagram

FACEBOOK

TWITTER

Tweets by TwitterDev

Seguir @spi_oficial

® Marca rexistrada

© TRIVIUM estratexias en cultura e turismo S.L. - Tódolos dereitos reservados.