Ferrol 2021


Arquivo Intermedio Militar do Noroeste

O Baluarte do Infante foi un dos puntos defensivos da muralla da cidade de Ferrol, logo pasou a ser o cuartel de artillería e a día de hoxe acolle os fondos do Arquivo Intermedio Militar do Noroeste.

Teatro Jofre

Adentrarémonos nas entrañas dun dos edificios máis simbólicos da cidade. Un teatro inauturado en 1892 que, desde ese intre, converteuse nun centro de vital importancia para a arquitectura, o urbanismo, a vida e a cultura de Ferrol.

Casino Ferrolano

Fundado no ano 1890 segue a ser unha das entidades con máis tradición da cidade. A súa sede social, construída por Rodolfo Ucha é unha das obras mestras do noso insigne arquitecto.

Pazo do Monte

Visitaremos este magnífico exemplo da arquitectura palaciana contruído no século XVIII, onde destacan, a maiores do seu edificio principal, o seu hórreo de madeira de grandes dimensións e o seu marabilloso xardín histórico.

Fábricas de Ferrol Vello

A fábrica de lápises Hispania, Xabóns Beceiro ou Pysbe foron referentes do pasado industrial da cidade. Agora volverán estar presentes a través dun percorrido por recordos e pegadas que permanecen no barrio de Ferrol Vello.