TORRE HERCÓN
A Torre Costa Rica ou Torre Hercón, construída entre 1973 e 1975 na Coruña, é o edificio máis alto de Galicia cos seus 119 metros. No momento da súa inauguración, este emblemático rañaceos de formigón chegou a ser o segundo máis alto de toda España. Na visita secreta quedamos fascinados coa súa arquitectura brutalista e coas vistas desde o máis alto, accedendo a unha das vivendas, á delegación da Coruña da CRTVG e á azotea, guiados polo arquitecto autor do edificio José Antonio Franco Taboada.