Pazo de Amarante
Con máis de 40 metros de liña de fachada á Algalia de Abaixo, garda unha gran escalinata, xardín interior e importantes dependencias que albergaron o domicilio da familia Amarante – Camarasa.
Hospital de San Roque
Construído no século XVI para facer fronte as continuas epidemias que asolaban a cidade, visitaremos algunhas dependencias, o gran claustro, a biblioteca e un tesouro medieval moi descoñecido.
Colexio dos Irlandeses – Pazo de Ramirás
Última oportunidade para visitar un lugar que garda decenas de usos e no que a Historia cobra o seu verdadeiro nome. Un espazo único na cidade.
Sede SGAE
Cun vocabulario contemporáneo e inspirado nas construcións megalíticas, García Abril resolve un edificio adaptado a unha parcela complexa.
Hostal dos Reis Católicos
Creado para albergar camiñantes e convertido en hotel, coñeceremos os seus fermosos claustros, capela renacentista e otras sorpresas agochadas entre os seus muros.
Mananciais de Compostela
Visitaremos os antigos mananciais de Fonte Branca e Ponte Mantible para coñecer de primeira man os puntos orixinais da arquitectura da auga da cidade.
Capela das Ánimas
Aínda que de trazas simples, esta edificación rematada a finais do século XVIII garda un fantástico órgano e varios retablos de grande interese. O local parroquial agocha un dos mellores segredos da cidade.