Ferrol 2023

NAVANTIA

Con máis de 250 anos de actividade, desde os estaleiros de Esteiro e o Arsenal Militar ás actuais instalacións de Navantia, este complexo industrial é parte imprescindible da historia da cidade.

faro do cabo prior

O faro do Cabo Prior leva en funcionamento dende o ano 1854. A súa luz e sereas guían dende entón aos mariñeiros que navegan a Costa Ártabra, mais tamén conserva no seu interior historias e relatos de todos aqueles que viviron neste edificio situado nunha paisaxe impoñente.    

 

ESTACIÓN NAVAL DA GRAÑA

A través do túnel da Graña accederemos á Estación Naval, que se comezou a construír no século XVIIII sendo o xerme do Arsenal Militar.  A día de hoxe, no espazo ten a súa sede a ESENGRA (Escola de Especialidades da Estación Naval da Graña), un dos principais centros formativos da Armada.

ARQUIVO INTERMEDIO MILITAR DO NOROESTE

 

O Baluarte do Infante foi un dos puntos defensivos da muralla da cidade de Ferrol, posteriormente pasou a ser o cuartel de artillería e a día de hoxe acolle os fondos do Arquivo Intermedio Militar do Noroeste.

ORDE TERCEIRA

Ao lado da igrexa de San Francisco, a capela da Venerable Orde Terceira é punto de referencia na celebración da Semana Santa e no Nadal, co seu singular belén. Aínda así, os seus muros gardan máis de dous séculos da historia ferrolá por descubrir.

“CUARTEL DE DOLORES” E FONTELONGA 

Esta obra deseñada por Sánchez Bort no século XVIII, mantén a súa actividade como cuartel o que o fai o máis antigo de España con este uso. Na visita percorreremos o seu interior e tamén poderemos visitar os restos da antiga porta de Fontelonga, entrada marítima da muralla ferrolá.

 

CASA DO CONCELLO

O Palacio Municipal abre as súas portas  para permitirnos coñecer o seu interior, os salóns nobres, a súa colección de arte e os espazos nos que se decide a vida política da cidade.