Pontevedra 2022

San Salvador de Lérez

O antigo mosteiro de San Salvador de Lérez é un edificio con máis de 1100 anos de historia e que acolle a figura do “santo máis milagreiro.        

Arquivo Histórico Provincial

Este edificio, construído no 1910 polos Fonseca, agocha entre os seus fondos históricos unha grande cantidade de segredos e simboloxía masónica.

 

Depósito e Cemiterio de Santo Amaro

Neste percorrido visitaremos dúas das máis importantes obras que Alejandro Rodríguez Sesmero deixou na cidade de Pontevedra.

 

Pazo de Gandarón

Ademais de descubrir a importancia do pazo e do seu xardín, coñeceremos o traballo que realizan dende a Misión Biolóxica de Galicia.

A Moureira e o Gremio de Mareantes

Da man do Gremio de Mareantes coñeceremos a importancia que tivo esta institución e o esplendor urbano que tivo o Barrio da Moureira.