EL CORREO GALLEGO
Por primeira vez, abrimos as portas desta xoia arquitectónica, recentemente adquirida polo Concello de Ferrol. O edificio, antiga sede de El Correo Gallego, destaca pola súa elegancia e orixinalidade. Un espazo imprescindible para descubrir o legado do arquitecto Rodolfo Ucha que transformou o Barrio da Magdalena nun referente do modernismo en Galicia.