SAN BARTOLOMEU
Antes de ser parroquia, esta era a igrexa do Colexio da Compañía de Xesús, que hoxe fai parte do Museo de Pontevedra. Un templo de espírito italiano, ao xeito da do “Gesú” de Roma, que conserva un importante legado artístico. Algunhas pezas non están expostas, pero puidemos velas nesta visita especial.