MUSEO DO POBO GALEGO – SAN DOMINGOS DE BONAVAL
Descubrimos espazos non visitables do antigo convento de San Domingos de Bonaval, coñecendo o gran labor que existe detrás das salas de exposición do Museo do Pobo Galego, unha institución herdeira do Seminario de Estudos Galegos. Sorprendémonos cos detalles da recente rehabilitación da ala sur, os seus arquivos, as súas bibliotecas históricas, o vivo Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade e as inusuais vistas da cidade.