Convento de San Francisco
Visitamos o que é hoxe un dos edificios máis destacados da cidade, e lugar no que en 1520 estiveron as Cortes, presididas polo emperador Carlos V. O convento garda restos dun claustro gótico, a tumba do mítico fundador Cotolay ou unha biblioteca chega de incunables.
Tribuna da Catedral
Faremos un percorrido en altura polo edificio máis importante da cidade, desde onde teremos unha visión perfecta da súa estrutura románica.
Confraría do Rosario
No interior de San Domingos de Bonaval visitaremos e coñeceremos a capela e o cemiterio desta institución, fundada hai máis de 500 anos e peza fundamental da Semana Santa compostelá.
Fundación Laboral de la Construcción
Hoxe sede desta institución, era un dos curtidoiros máis antigos da cidade e dos máis grandes de Galicia.
Facultade de Xeografía e Historia
Este templo do saber, construído entre os século XVIII e XIX, agocha sorprendentes espazos como o paraninfo ou a sala de lectura e unhas magníficas vistas sobre a cidade histórica.
Colexio de Fonseca
Neste fermoso edificio visitaremos o claustro e algúns espazos máis agochados, como a Biblioteca América ou o Salón Nobre.
Arquivo Histórico Universitario
Localizado na rúa das Casas Reiais, este edifico conserva gran parte da historia da Universidade compostelá, así como fondos históricos do Hospital Real, do Concello de Santiago ou dos antigos municipios de Sar, Enfesta e Conxo.
Mananciais de Compostela
Visitaremos os antigos mananciais de Fonte Branca e Ponte Mantible para coñecer de primeira man os puntos orixinais da arquitectura da auga da cidade.