Fonte do balneario da Ferrería (O Incio)
Este gran hotel balneario de 1892, construído sobre terreos do Conde de Campomanes, foi o refuxio de veraneo da alta sociedade atraída polas súas famosas augas ferruxinosas. Na visita fixemos un percorrido pola aldea acompañados de Aurora, antiga traballadora do hotel, para chegar a entrar na Fonte das Augas Rubias.