Compostela 2021


Seminario Menor da Asunción

O colexio domina a cidade histórica desde o outeiro de Belvís coa súa impoñente arquitectura e os seus máis de 24.000 metros cadrados de superficie construída.

Pazo de Vaamonde

Construído no XVIII, este magnífico exemplo de pazo urbano acolle actualmente as oficinas do Consorcio de Santiago.

Fundación Laboral de la Construcción

Hoxe sede desta institución, era un dos curtidoiros máis antigos da cidade e máis grandes de Galicia.

Hostal dos Reis Católicos

Creado para albergar camiñantes e convertido en hotel, coñecemos os seus fermosos claustros, capela renacentista e outras sorpresas agochadas entre os seus muros.

Mananciais de Compostela

Visitamos os antigos mananciais da Fonte Branca e da Ponte Mantible para introducirnos nos puntos orixinais da arquitectura da auga da cidade.

Zona C – Antigo Concello

A fachada de Cervantes dun dos consistorios máis antigos de Galicia foi escenario do crecente poder municipal desde o século XVII.

Orde Terceira

Descubrimos o conxunto da Orde Terceira visitando a súa igrexa, deseñada por Domingo de Andrade en 1681, a súa sancristía e mais o cemiterio.