Ferrol 2022

ESTACIÓN NAVAL DA GRAÑA

A través do túnel da Graña accederemos á Estación Naval, que se comezou a construír no século XVIIII sendo o xerme do Arsenal Militar.  A día de hoxe, no espazo ten a súa sede a ESENGRA (Escola de Especialidades da Estación Naval da Graña), un dos principais centros formativos da Armada.

CASINO FERROLANO

Fundado no ano 1890 segue a ser unha das entidades con máis tradición da cidade. A súa sede social, construída por Rodolfo Ucha é unha das obras mestras do noso insigne arquitecto.

ARQUIVO INTERMEDIO MILITAR DO NOROESTE

 

O Baluarte do Infante foi un dos puntos defensivos da muralla da cidade de Ferrol, posteriormente pasou a ser o cuartel de artillería e a día de hoxe acolle os fondos do Arquivo Intermedio Militar do Noroeste.

faro do cabo prior

O faro do Cabo Prior leva en funcionamento dende o ano 1854. A súa luz e sereas guían dende entón aos mariñeiros que navegan a Costa Ártabra, mais tamén conserva no seu interior historias e relatos de todos aqueles que viviron neste edificio situado nunha paisaxe impoñente.    

 

TEATRO JOFRE

Adentrarémonos nas entrañas dun dos edificios máis simbólicos da cidade. Un teatro  inaugurado en 1892, que desde aquela se converteu nun centro de vital importancia para a arquitectura, o urbanismo, a vida e a cultura de Ferrol.

 

“CUARTEL DE DOLORES” E FONTELONGA 

Esta obra deseñada por Sánchez Bort no século XVIII, mantén a súa actividade como cuartel o que o fai o máis antigo de España con este uso. Na visita percorreremos o seu interior e tamén poderemos visitar os restos da antiga porta de Fontelonga, entrada marítima da muralla ferrolá.

 

COCIÑA ECONÓMICA 

Coñeceremos o traballo e a historia que desenvolve unha das institucións máis senlleiras e históricas da cidade. Fundada no ano 1879 o Ateneo Ferrolán é unha das institucións con maior vinculación e raizame na vida e na cultura ferrolá.

PALACIO DE CAPITANÍA 

É sen dúbida un dos grandes tesouros da cidade de Ferrol. Este palacio acolleu á raíña Isabel II na súa visita á cidade e o seu suntuoso salón do trono é un dos espazos máis relevantes da capital departamental.   

ATENEO FERROLÁN

Coñeceremos o traballo e a historia que desenvolve unha das institucións máis senlleiras e históricas da cidade. Fundada no ano 1879 o Ateneo Ferrolán é unha das institucións con maior vinculación e raizame na vida e na cultura ferrolá.

UNIVERSIDADE 

A conversión do antigo Hospital de Mariña no Campus de Esteiro foi un dos grandes fitos urbanísticos da cidade. Nesta visita percorreremos a zona de Esteiro visitando a Casa do Patín, a Facultade de Humanidades e o CITENI, analizando como se realizou a transformación deste espazo hospitalario e militar en espazo cultural e formativo.