Ferrol 2024

SEGREDOS DO ARSENAL

Os muros do Arsenal acollen no seu interior, espazos e lugares poucas veces visitables. Nesta visita tivemos a oportunidade de traspasar a Porta do Parque e coñecer algúns
deses lugares de acceso restrinxido, que completan a historia de Ferrol.

CONCATEDRAL DE SAN XIAO

O templo deseñado polos enxeñeiros Julián Sánchez Bort e Antonio Bada y Navajas, nace co proxecto urbanístico da Ilustración. Subimos a unha das súas torres para entender a súa ligazón entre o barrio da Magdalena e o Arsenal.

CORREOS

Construído no ano 1935, este edificio de carácter ecléctico segue unha influencia estilística dos pazos montañeses. Ademais da súa importancia arquitectónica, coñecemos a historia dos Correos e Telégrafos en Ferrol.

faro do cabo prior

O faro do Cabo Prior leva en funcionamento dende o ano 1854. A súa luz e sereas guían dende entón aos mariñeiros que navegan a Costa Ártabra, mais tamén conserva no seu interior historias e relatos de todos aqueles que viviron neste edificio situado nunha paisaxe impoñente.    

NAVANTIA

Con máis de 250 anos de actividade, desde os estaleiros de Esteiro e o Arsenal Militar ás actuais instalacións de Navantia, este complexo industrial é parte imprescindible da historia da cidade.

ARQUIVO INTERMEDIO MILITAR DO NOROESTE

O Baluarte do Infante foi un dos puntos defensivos da muralla da cidade de Ferrol, posteriormente pasou a ser o cuartel de artillería e a día de hoxe acolle os fondos do Arquivo Intermedio Militar do Noroeste.

CEMITERIO DE CATABOIS 

Un percorrido polo pasado funerario da cidade, coñecendo os lugares de enterramento que existiron ao longo da historia de Ferrol e descubrindo as arquitecturas e persoeiros dos que permanece a súa memoria.

ESTACIÓN NAVAL DA GRAÑA

A través do túnel da Graña accedemos á Estación Naval, que se comezou a construír no século XVIIII sendo o xerme do Arsenal Militar.  A día de hoxe, no espazo ten a súa sede a ESENGRA (Escola de Especialidades da Estación Naval da Graña), un dos principais centros formativos da Armada.

CASA ANTÓN

Unha das obras referentes de Rofolfo Ucha na cidade e que combina elementos modernistas con outros propios do neoeclecticismo. Foi construída como vivenda unifamiliar para o que fora alcalde de Ferrol Emilio Antón Iboleón, e hoxe é parte do Colexio Jesús Maestro

CASA DO CONCELLO

O Palacio Municipal abre as súas portas  para permitirnos coñecer o seu interior, os salóns nobres, a súa colección de arte e os espazos nos que se decide a vida política da cidade.