Compostela 2019


Colexio dos Irlandeses – Pazo de Ramirás

Última oportunidade para visitar un lugar que garda decenas de usos e no que a Historia cobra o seu verdadeiro nome: Escaleira pétrea, xardín interior, salas ocultas e testemuña da memoria dos irlandeses na cidade.

Hostal dos Reis Católicos

Visitaremos o Hospital Real creado para albergar camiñantes que se dirixían en peregrinación a Compostela, convertido en hotel de luxo con cinco séculos de antigüidade, onde coñeceremos os seus fermosos claustros, capela renacentista e outras sorpresas agochadas entre os seus muros.

Pazo de Amarante

Un dos grandes pazos da cidade con máis de 40 metros de liña de fachada á Algalia de Abaixo. Garda unha gran escalinata, xardín interior e importantes dependencias que albergaron o domicilio da familia Amarante-Camarasa, e os xulgados municipais ata non hai moitos anos.

Casa de Europa

Dentro do Parque de Vista Alegre, aberto ao público a comezos do século XXI atopamos esta edificación de estilo colonial mandada construír un século atrás pola familia Simeón. A súa rehabilitación foi realizada por César Portela e Arate Isozaki e hoxe en día funciona como residencia universitaria para o profesorado visitante.

Capela das Ánimas

Aínda que de trazas simples, esta edificación rematada a finais do século XVIII, garda un fantástico órgano e varios retablos de grande interese. O local parroquial agocha un dos mellores segredos da cidade.

Casa Gótica

Cantas veces pasamos por diante desta singular casa e non a vimos? É un importante exemplo da arquitectura civil compostelá do século XIV, como indican a porta de entrada e a fiestra con arcos apuntados. Hoxe está ocupada pola administración do Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Hotel Compostela

Desde este fermoso e tradicional hotel podemos comprender a evolución urbana da cidade; o punto de encontro entre a zona vella e a zona nova. Desde as adegas, subiremos á suite para ollar unha descoñecida vista aérea de Compostela.

Hospital de San Roque

Construído no século XVI para facer fronte as continuas epidemias que asolaban a cidade, visitaremos algunhas dependencias, o gran claustro, a biblioteca e un tesouro medieval moi descoñecido.