Santiago confirma a edición de 2020

Tralo éxito de público de edicións anteriores, a Semana do Patrimonio Invisible de Santiago de Compostela celebrarase en setembro de 2020. Un proxecto que arrancou na cidade no 2018 e que xa vai pola súa terceira edición.

Compostela 2019 esgota as súas prazas en poucas horas

Esgotadas as prazas ás poucas horas de abrir o prazo de reserva para as visitas guiadas da Semana do Patrimonio Invisible Compostela 2019.